lunes, 6 de junio de 2011

TALLER DE TAICHI Ó AIRE LIBRE EN BUEU

Este domingo, 12 de xuño ás 10:30, celebrouse na Praza do Concello en Bueu unha práctica de taichi ó aire libre para todos aqueles que queiran achegarse.
Ían ser dous talleres simultáneos -espada e man vacía- abertos a quen queira participar, pero ó final houbo espadas para todos, e todos disfrutamos dun taller maxistral. O profesor convidado este ano foi Miguel Martín.

Organizou: Asoc. Escola Taichi Bueu. Colaboraron: Fisioterapia Nove, Asociación Española de Qigong de Salud, Concello de Bueu e Fed. Galega de Kung-Fu (Dept. de Taichi).
Foto dos asistentes ó taller, alcalde e concellais (mención especial a Manolo Otero pola súa implicación co clube)

No hay comentarios:

Publicar un comentario